
Uns 7.000 ourensáns e ourensás de todas as idades participaban, no que vai de ano, nalgunha das 270 intervencións de saúde comunitaria organizadas polo persoal de atención primaria, para mellorar e manter a saúde, fomentar a prevención ou coidado da enfermidade nos barrios, concellos, colexios ou colectivos de pacientes de cada centro de saúde.
A prevención e a promoción son piares básicos do noso sistema sanitario, empoderar os pacientes, facelos corresponsables das decisións que afectan á súa saúde, traballar ca comunidade, saír das catro paredes dos centros de saúde é, unha necesidade prioritaria.
Dende os centros de saúde da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, levase traballando anos en esta dirección, traballo que se veu reforzado ca elaboración dos plans de saúde local, a posta en marcha da estratexia de saúde comunitaria, ou a consolidación de novas categorías profesionais como son as dietistas-nutricionistas.
Durante o ano 2024 leváronse a cabo 905 intervencións comunitarias nas que participaron 17.140 persoas. En estas intervencións participaron 170 profesionais de atención primaria incluíndo enfermeiras, enfermeiras especialistas en familiar e comunitaria, enfermeiras especialistas en pediatría, nutricionistas, matronas, hixienistas, odontólogos, médicos, pediatras, EIR, MIR, traballadoras sociais, fisioterapeutas, PSX e farmacéuticos, cá colaboración de alumnos, técnicos de emerxencias sanitarias, enfermeiros especialistas en saúde mental e psicólogos.
Este altísimo volume de intervencións converten aos profesionais de Ourense en referentes nesta liña de traballo, e as iniciativas non deixan de crecer de ano en ano, refrendadas polos resultados en saúde, e pola propia satisfacción de participar de pacientes e profesionais, que procuran o tempo para saír do centro de saúde e traballar coa comunidade -nas necesidades de saúde detectadas en consulta- nun ambiente que favorece o intercambio de coñecementos e afianza a relación profesional-paciente.
Estratexia de saúde comunitaria
A aprobación da estratexia galega de saúde comunitaria en xuño do 2023, co fin de reforzar as accións de promoción da saúde dende atención primaria contemplaba a creación de unha rede de referentes co fin de reforzar a estrutura organizativa da saúde comunitaria, nomeou a enfermeira Verónica Civeira como a referente de Área e a outros dezanove profesionais de enfermaría como referentes de saúde comunitaria das diferentes servizos de atención primaria.
Ademais de potenciar os proxectos de promoción da saúde, a estratexia galega está a promover a docencia e a investigación en atención primaria na saúde comunitaria, por parte dos profesionais de atención primaria e, especialmente, do persoal residente en formación e elaborouse tamén un protocolo para “prescrición” de activos comunitarios, a elaboración do programa galego de saúde escolar e o programa galego de prevención da fraxilidade.

Programa de Saúde Escolar
Neste programa de saúde escolar a área sanitaria ourensá é un referente a nivel galego xa que leva varios anos traballando en colaboración cos colexios a través de distintos programas de educación para a saúde. Para Verónica Civeira “estes programas son moi demandados e ben acollidos tanto por os profesores como por as familias e os nenos. Xorden da importancia de educar os nenos en saúde o antes posible buscando a adquisición de bos hábitos que marcarán toda a súa vida”.
A Subdirectora de Enfermaría de Atención Primaria salienta que “os nenos son excelentes axentes de saúde, transmitindo estes coñecementos a todo o seu entorno, tanto familiar como social”. Dentro do programa de saúde escolar hai obradoiros de Primeiros auxilios, Alimentación saudable, Humanización, Educación afectivo sexual e prevención de conductas de risco e Intervencións especiais como poden ser “o día sen tabaco” ou “o día de “hixiene de mans”.
As Escolas de Saúde
Tamén cada servizo de atención primaria conta ca súa “escola de saúde” que organiza periodicamente distintos obradoiros de temas que os profesionais consideran importantes ou que a poboación lles demanda. Estes lévanse a cabo tanto nos centros de saúde como en concellos ou asociacións de veciños. Estas intervencións son moi ben valoradas por as persoas que participan en elas e abordan temas como a alimentación, primeiros auxilios, que facer ante problemas do día a día, obradoiros para coidadores, relacionados con patoloxías crónicas como diabetes, hipertensión ou EPOC.
Nova Guía de Acollida aos profesionais
Asemade desde a Dirección de Enfermaría e a Subdirección de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras ven de elaborarse unha guía de acollida, que será presentada nas vindeiras datas, onde o profesional que se incorpora ao seu novo posto de traballo terá un referente de consulta para calquera das súas dúbidas iniciais.
Esta guía que será unha publicación referente para as demais áreas sanitarias a nivel nacional foi elaborada por un equipo multidisciplinar da área ourensá, co fin de facilitar a información básica para que o proceso de integración á nova etapa dos profesionais que comezan a traballar na Atención Primaria sexa o máis fluído e satisfactorio posible.