
Un total de 28 atletas galegos tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de pista curta que se leverá a cabo no velódromo Luis Puig de Valencia. Desa representación formará parte a mediofondista barquense Inés Docampo, do Club Adas Cupa, que competirá na proba dos 3.000 m, na que se proclamaba campioa galega hai unhas semanas.