ConcellosÚltima horaVídeos

A axuda humanitaria aportada pola veciñanza de Carballeda de Valdeorras, entregada na C. Valenciana

"Hoxe foi un día duro, moi duro, non de traballo pero si de emocións e emocións fortes", din os voluntarios que conducían as dúas furgonetas cargadas co material

 

A deste sábado ten sido unha xornada moi especial para os voluntarios do municipio de Carballeda de Valdeorras que partían de madrugada rumbo á Comunidade Valencia, conducindo dúas furgonetas cargadas de axuda humanitaria recada coas aportacións da veciñanza.

Tres eran os destinos da viaxe para repartir este material de primeira necesidade: Sedaví, Sagunto e Catarroja. En cada unha destas localidades podían comprobar a magnitude da catástrofe e como se están a desenvolver os labores de axuda e  limpeza. E nelas entregaban o material doado pola veciñanza de Carballeda

 

 

“Acabamos de repartir. Hoxe foi un día de emocións moi grande. O agarimo co que a xente te recibe é impagable”, comentaban esta tardiña os voluntarios. Nas súas conversas coa veciñanza da zona esta trasladáballe que seguen necesitando produtos como papel de cociña e hixiénico, deterxentes para lavadoras, “tamén falan de café. Os supermercados están pechados por inundacións igual que o Concello de Sedaví, igual que os baixos de Alfafar”, din.

 

 

Ademais estes voluntarios destacan o “agradecemento de toda esta xente pola axuda que recibe. Hoxe foi un día duro, moi duro, non de traballo pero si de emocións e emocións fortes”, conclúen.

https://youtube.com/shorts/VK7MqcY_JvM?feature=share

Fotos e vídeo cedidos.

 

Back to top button