En portadaÚltima horaVídeos

A axuda humanitaria valdeorresa chega a Alfafar para iniciar o seu reparto

Os tres voluntarios valdeorreses cun veciño natural da Veiga./ Cedida.

 

A primeira hora desta mañá chegaba á localidade valenciana de Alfafar, unha das zonas máis devastadas pola DANA, unha furgoneta cargada con material de primeira necesidade para a poboación reunido a partir de multitude de doazóns valdeorresas. Era levada por algunhas das persoas que organizaban a súa recollida, con dous puntos no Barco, Café Teatro Bajo 5 e Las Recetas de la Abuela.

 

https://youtube.com/shorts/2UiIZ31lu34?feature=share

 

 

“A viaxe foi moi ben, axudáronnos moitos, pero agora queda aínda por sacar moitas cousas”, comentaba unha das voluntarias pouco despois das nove e media da mañá. Alí reuníanse con dous veciños, con Rafael Carracedo, natural da Veiga, e con María José Muñoz, valenciana, que estiveron 18 anos vivindo no Barco.

 

Imaxes cedidas.

https://youtube.com/shorts/d1iV3bJYhC0?feature=share

https://youtube.com/shorts/sTDk3tuBm54?feature=share

 

 

Artigos relacionados

Back to top button