A música está a protagonizar os actos do día 15 de agosto en Viana do Bolo, que celebra un dos días grandes das festas patronais na horna da Asunción e de San Roque. Así na procesión deste día da Asunción, a banda de música Candeacon tocaba durante a procesión coas imaxes da Virxe e de San Roque, que saía ás 12:30h. da igrexa parroquial e, deseguido, ofrecía un concerto na praza Maior da vila como sesión vermú.
Pola noite, nese mesmo escenario, poderá asistirse ás Xornadas de Folclore a partir das 22:30h. e despois actuará a orquestra Funçao Publika.
Fotos e vídeos: O SIL.




