EconomíaEconomíaÚltima hora

A banda Dinosaurios actúa este sábado na terraza de Las Vegas, en San Clodio

O Hotel-Restaurante Las Vegas, en San Clodio, vivirá esta fin de semana outra velada nocturna de música en directo da man do grupo de pop-rock monfortino Dinosaurios.

O concerto será o sábado 23 de agosto ás 23 horas, de balde como todos os que se fixeron en xullo e agosto e nun lugar privilexiado, a terraza coñecida tradicionalmente como A Pista. “Este emblemático lugar foi en tempos un popular lugar de encontro dos amantes do baile nas fins de semana, principalmente os domingos”, explican dende o local.

 

 

Con respecto a Dinosaurios, fan versións de pop-rock en castelán cun repertorio no que se atopan principalmente cancións do panorama musical dos 80-90 aínda que tamén se inclúen algúns máis actuais. Así, o público pode escoitar dende Radio Futura, Leño e Los Ronaldos, ata M Clan ou Los Zigarros.

A banda de Monforte de Lemos está composta por Mani á batería e coros, Manu Valverde no baixo e coros; e Tiji á guitarra e voz. Xuntos e despois de catro anos en activo suman un gran número de concertos funcionando moi ben os seus directos cun son sólido e contundente; e un repertorio dunha hora e corenta e cinco minutos no que repasan o panorama musical de grandes éxitos de varias décadas do pop-rock español.

Back to top button