A praza do Sagrado acollía este mediodía unha nova cita do V Ciclo Terrasón no Barco. A partir da 13h. actuaba a banda The Barefoots, con raíces no rock and roll. Está formada por Jimmy García (voz solista, pandeireta e harmónica), Iría Seage (voz solista feminina), Juan Carlos Dopazo (guitarra solista), Francisco Aneneiro (guitarra rítmica), Suso Barcia (saxofón), Giuseppe Barcia (batería) e Javier Cheda (baixo e contrabaixo).
De xeito moi animado, con pezas que ían do blues ata o mambo, poñían son ao mediodía no Barco ante un numerosos público.
https://youtu.be/Cygf8EP3wA0
Fotos: A.R.