CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A banda valddeorresa Mrs. Fine lanza o seu primeiro videoclip

 

A señora Fina secuestra a 4 músicos rueiros, ensínalles a tocar, aliméntaos e vísteos adecuadamente para ser unhas estrelas de rock e, cando considera que están listos para saír á luz, lévaos a dar o seu primeiro gran concerto que resulta todo un éxito.

É a historia que conta o primeiro videoclip de Mrs. Fine, a banda valdeorresa de rock, membro de AMAVA, que se estreaba o ano pasado no SilFest Valdeorras e agora preséntase en YouTube con esta peza audiovisual de nome homónimo na que se descubre como se fundou.

Foi gravado hai unha semana en diferentes localizacións do Barco de Valdeorras e sobre todo no concerto que daban na Sala Baranda.

Back to top button