Na madrugada do 14 de setembro de 1989, o día grande do Cristo, Marisú Miranda despedíase das súas amizades e collía as maletas para marchar do Barco. Sabía que non ía regresar. Esta deseñadora barquense traslábase aos Estados Unidos e facía dese país a súa residencia. “Dende entón non volvín nunca as festas”.
E esas lembranzas e sensacións da súa mocidade e da celebración, vén de plasmalas no carte das Festas do Cristo 2026, do que é autora. Sobre a súa creación, conta que sempre fai varios bocetos, pero que, desta volta, tiña moi claro o que quería plasmar sobre o papel. Dende as imaxes da igrexa, da praza Maior e do río Sil, unha referencia para ela, pasando pola igrexa, as Calatornias e os Cabezudos, ata o son da música dunha moza gaiteira en vaqueros. E iso coas súas cores, destacando principalmente o azul, “a cor da bandeira galega”.

Así o explicaba Miranda esta mañá, na presentación do cartel. Ademais nela tamén se anunciaba a exposición “Xentes de Valdeorras”, que reúne unha escolma de ilustracións de moda da súa autoría. Un proxecto dedicado inicialmente ao Barco, pero que logo se foi abrindo a Valdeorras e tamén a outras comarcas próximas como Viana, coa participación de 60 voluntarios.
A mostra inclúe así mesmo unha serie de referencias iconográficas galegas, como é o caso de Maruja Mallo, e que Marisú sentía especialmente como creadora na súa estadía nos Estados Unidos, e tamén tres traxes que ela realizou para personalidades famosas.
A mostra, cuxa inauguración está prevista para o 10 de setembro ás 20:30h. na Sala Abanca, poderá visitarse ata o 27 de setembro.
Fotos: O SIL.