CulturaCulturaÚltima hora

A Biblioteca Municipal da Rúa acollerá mañá a presentación do libro “Un equipo para un país: O Celta e a galeguidade”

Este sábado 26 de setembro ás 19:30 horas, presentarase na Biblioteca Municipal da Rúa o libro “Un equipo para un país: O Celta e a galeguidade” de Xabier Sánchez Pazos, licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e investigador especializado na historia do Celta, ademais dun destacado seareiro celtista.

 

 

Trátase dun libro que aborda a traxectoria do Celta desde o prisma da identidade galega con un enfoque plural e multidisciplinar que abrangue desde a historia do deporte futebolístico e o propio clube até a socioloxía, a política e o urbanismo do país.

O acto contará coa presenza do autor, que nesta obra combina rigor, paixón e memoria para afondar nunha pregunta esencial: que lugar ocupa o Celta na construción simbólica da Galicia contemporánea?

Back to top button