
O BIEM V realizará prácticas programadas que están dirixidas a adestrar ao persoal no manexo de ferramentas manuais e mecánicas para roza e o movemento por pistas forestais con autobombas, ademais de traballos en interface urbano forestal, afianzando desta forma as capacidades
operativas do BIEM V.
Estes exercicios realizaranse en zonas forestais dos municipios da Rúa, Barco de Valdeorras, Manzaneda e Pobra de Trives. Dentro das actividades programadas está previsto realizar un exercicio de colaboración coa Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Xunta de Galicia, simulando un incendio forestal no que participarán os efectivos conxuntamente, co obxectivo de integrar os diferentes dispositivos como nunha situación real.
O operativo do BIEM V estará composto por 360 militares e máis de 100 vehículos, entre os que se atopan: helicópteros, autobombas, ambulancias, estacións de transmisións e diversos vehículos pesados e lixeiros especializados.
Este exercicio pertence ao conxunto de actividades de preparación que o BIEM V organiza anualmente para as intervencións en emerxencias e como preparación da próxima campaña 2025 de loita contra incendios forestais.