En portadaÚltima horaVídeos

A borrasca causa danos nos castiñeiros da montaña do oriente ourensán

 

Tamén nas terras da comarca de Viana do Bolo, Vilariño de Conso, O Bolo e A Mezquita paso da borrasca Kirk deixaba a súa pegada. Causaba múltiples danos nos castiñeiros, tal e como sinalan dende Unións Agrarias. “Hai ramas rotas, árbores partidos ou arrincados, ourizos sen cumprir caídos, follas caídas antes de tempo…”, din dende este sindicato que alerta dos graves efectos que isto pode ocasionar na colleita de castaña de tarde e na recollida da castaña.

 

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button