Un ano máis a chocolatada con churros poñía o broche á tarde de Reis en Quiroga.
Este luns, 5 de xaneiro, as SS.MM. os Reis Magos de Oriente achegábanse ata este concello lucense e tras un recorrido ao longo da rúa Real chegaban ao Auditorio Municipal, para falar cos nenos e nenas que recibían caramelos dos paxes.
A continuación e como xa é tradición na tarde de Reis nesta localidade do sur de Lugo, nenos e maiores desfrutaban dun chocolate quentiño con churros no Albergue Municipal.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.