Ás 10h. mañá a cabeza de lista do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta, votaba no colexio Divina Pastora Franciscanas, na rúa Cardenal Quevedo de Ourense. Despois atendía aos medios de comunicación e comentaba que “nesta xornada todos poderemos exercer o noso dereito ao voto”, ademais de facer un chamamento aos ourensáns para o exerzan con alegría”.
Así mesmo agradecía o labor que realizan neste día os membros das mesas así como os profesionais que traballan ao longo desta xornada para facer posible estas eleccións galegas.
Foto e vídeo cedidos.