OurenseÚltima hora

A caída dun turismo por un desnivel mobiliza aos servizos de emerxencia, en Boborás

 

Arredor das 4:30 horas da madrugada deste xoves 15 de outubro, o 112 Galicia recibía un aviso por un vehículo, que se saíra da vía na N-541, en Xurenzás, no concello de Boborás. “Malia descender por un desnivel duns cinco metros de profundidade, o único ocupante do turismo estivo en todo momento consciente e necesitou a axuda dos bombeiros para saír do vehículo”, explican dende o 112.

Deste xeito, os efectivos do parque comarcal do Carballiño acudiron para socorrer a este condutor e facilitar a súa atención por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desprazado ao lugar do accidente.

Neste operativo tamén colaboraron os membros do GES de Ribadavia e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Back to top button