ConcellosO BarcoÚltima hora

A caída dunha persoa nunha céntrica rúa do Barco mobiliza aos servizos de emerxencia

 

Contra as doce e media deste mediodía de luns 15 de xuño producíase un accidente no centro da vila do Barco, en concreto na avenida Conde Fenosa. Unha muller tropezaba e caía sobre o paso de peóns da rúa Pescadores, provocándose unha ferida polo que era atendida polos servizos sanitarios.

Ata o lugar do sinistro desprazábase de inmediato a Policía Local que regulaba o tráfico e atendía á muller ata a chegada do 061-Urxencias Sanitarias que a trasladaba. O GES Valdeorras tamén era mobilizado pero finalmente non era necesaria a súa intervención.

 

 

Back to top button