PolíticaÚltima horaVídeos

A candidata do BNG ao Congreso por Ourense, Noa Presas, arranca a campaña electoral no Barco

 

“Con moito ánimo, con ilusión, con ganas de falar con toda a veciñanza da provincia de Ourense para trasladarlles as nosas alternativas de cara ao 20 de novembro”, arrancaba no Barco de Valdeorras a cabeza de lista pola provincia de Ourense polo BNG, Noa Presas, a campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro. Estaba acompañada por outros membros da candidatura, así como por militantes e simpatizantes.

Explicaba que a formación decidía iniciar a campaña “percorrendo as partes da provincia que entendemos que están sendo máis discriminadas por parte do Estado e, por suposto, tiñamos que comezar pola comarca de Valdeorras”, indicaba Presas.

Neste senso, a candidata nacionalista incidía en que Valdeorras “é claro exemplo de como tras case 50 anos de representación do bipartidismo, de PP e de PSOE, pola circunscrición electoral de Ourense non nos achegaron nada en positivo”.

 

 

E, como mostra dese abandono, referíase á situación da estrada N-120, principal vía de comunicación valdeorresa, “que ten continuos desperfectos que non se acaba de facer unha reforma integral, non se acaban de facer desdobramentos onde é posible e que durante moitos anos levamos reivindicando dende o BNG, tanto dende a alcaldía da comarca como dende o propio BNG de Valdeorras, tamén no Parlamento galego e no ámbito Congreso dos deputados e do Senado, polo tanto o meu compromiso a partir do 29N como deputada do BNG en Madrid”.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

Back to top button