ConcellosO BarcoÚltima hora

A Casa Consistorial do Barco ilumínase de violeta no marco da celebración do 25N

 

Con motivo da celebración o vindeiro 25 de novembro do Día Internacional da Violencia contra a muller, a fachada da Concello Vello do Barco tinguíase esta tarde de 19 de novembro de cor violeta. É unhas das iniciativas que formar parte do programa de actos organizados polo Concello con motivo da citada data, cuxo central será o día 25 de novembro ás 12 horas na praza do Concello, cunha concentración de repulsa en contra da violencia de xénero. Haberá lectura de manifestos a cargo de alumnos dos IES Martaguisela e Lauro Olmo, e o Colexio Divina Pastora, unha actuación musical de Nerea Jiménez, alumna do Conservatorio de Música do Barco e a lectura do manifesto institucional do Concello.

Fotos: A.R.

 

 

 

Back to top button