
Dende esta noite o Concello Vello do Barco ilumínase de amarelo con motivo da celebración da Semana Mundial da Hemocromatosis. Así a Asociación Española de Hemocromatosis solicitou o apoio institucional do Concello do Barco para visibilizar a semana Mundial da Hemocromatosis, posta en marcha co obxectivo de crear conciencia sobre esta enfermidade. Con este motivo, a Consistorial do Barco iluminarase de cor vermella na tarde noite do sábado 7 de xuño.
“Estímase que ao redor de 45.000 españois e españolas teñen predisposición xenética á sobrecarga de ferro, pero lamentablemente moi poucas persoas saben que a súa saúde pode estar en risco debido a esta afección. Esta predisposición pode levar a que se absorba e almacene demasiado ferro da dieta no organismo, provocando danos ás veces irreversibles, se non se tratan, en órganos tan vitais como o fígado, bazo, corazón, cerebro etc.”, segundo a información achegada polo Concello do Baco.
Os fins fundacionais da asociación AEH son: sensibilizar á opinión pública e ás institucións públicas e privadas respecto á Hemocromatosis, promover a investigación clínica e farmacéutica da enfermidade, promover o diagnóstico precoz, facilitar a interrelación entre as persoas afectadas, os seus familiares e os profesionais desta enfermidade, facilitar aos seus socios toda a información dispoñible sobre a enfermidade, velar por un tratamento adecuado e pola non discriminación social, laboral ou de calquera outro tipo dos afectados e relacionarse con outras Asociacións afíns.