OurenseÚltima hora

A Casa do Chocolate (Parada de Sil) celebra o sábado o Día Mundial cunha xornada de portas abertas, degustacións e música

 

O espazo museográfico da Casa do Chocolate de Teimende, en Parada de Sil, ten programada para o sábado 12 de setembro a conmemoración do Día Mundial do Chocolate, que conta co apoio da Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos da Xunta e do propio concello de Parada.

Será unha xornada de portas abertas, con visitas guiadas ás 11,00 e ás 12,30 horas pola mañá e as 16,00 e 17,30 pola tarde. A entrada será libre e gratuita ata completar aforo. Entre as visitas da mañá e da tarde, ás 12,00 e ás 17 horas, respectivamente, actuará a agrupación folclórica Suasairas, dirixida por Mario Álvarez.

Como xa é tradicional nas datas especiais, tanto pola mañá como pola tarde haberá degustación gratuita de chocolate á taza con gallegas para os visitantes.

 

Back to top button