CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Casa Grande de Viloira (O Barco) acolle o 37º Encontro de Poetas

Este ano o encontro está adicado aos poetas falecidos Eulogio Gavela, Xosé de Valbuxán, Matilde Vega e Manuela López

 

Con novo emprazamento e unhas temperaturas moi elevadas, comezaba a 37ª edición do Encontro de Poetas, que organiza cada ano o Instituto de Estudios Valdeorerses e nesta ocasión coa colaboración do Concello de O Barco.

 

 

Tras moitos anos celebrándose na Rúa, neste 2025 volvía ás orixes, O Barco de Valdeorras, sendo o salón de actos da Casa Grande de Viloira, onde na tarde deste venres 4 de xuño se celebraba a primeira xornada, dirixida coma sempre por Carmen Gago, responsable da sección poética do Instituto de Estudos Valdeorreses e Emilio Vega, poeta do Bierzo, coa lectura de poemas de 10 poetas (mañá serán 22) procedentes de diferentes provincias e nacionalidades.

 

 

No acto, interviñan Julio Pérez Veiga, en representación do IEV; e a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta, que daban a benvida aos poetas, antes de que a propia Gago adicase unhas emotivas palabras a tres dos poetas xa falecidos e homenaxeados este ano: Eulogio Gavela, Xosé de Valbuxán “Yosso” e Matilde Vega (mañá farano sobre Manuela López).

 

 

Entre os asistentes, estaban tamén familiares de Yosso que recibían con ledicia os poemas lidos pola poetisa Carmen Gago. No apartado do recital, a primeira era Mª Emma Fernández Pérez da Rúa que falou sobre Valdeorras. Hoxe tamén estaba Asunción Arias “Sulma”.

O apartado musical corría hoxe por conta de José Luengo, de Bembibre. Mañá será a quenda da rondalla Sones del Cúa, de Cacabelos.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button