Non podía ser doutro xeito. Cunha cata especial de aniversario arrincaba na tarde deste venres 3 de xuño a X edición do SilFest Valdeorras, á beira do río Sil ao seu paso polo Barco.

Como unha das actividades máis exitosas e concorridas, a cata xuntaba a numeroso público, da zona pero tamén doutros puntos da Península, en torno á degustación de varios viños da D.O. Valdeorra (godellos, rosados, espumosos,…) sempre atento ás explicacións da sumiller Mercedes González, unha asidua do festival.


De forma paralela, na primeira hora do festival, actuaba, Henriko para o público familiar e comezaba a chegar á xente para o apartado musical que arrincaba ás 19 horas cos ponferradinos Mazu.

Unha edición máis están os voluntarios de Cruz Vermella nun posto de campaña, así como unha ampla oferta gastronómica e de artesanía. Os ingredientes que fan deste un festival único.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.
