Cunha animada e concorrida cea na noite do venres 12 de xuño. Así comezaban por terceiro ano as Festas da Octava do Corpus en Viloira (O Barco de Valdeorras), que se estenderán ata mañá, domingo día 14.




A cea, na carpa instalada para a ocasión, reunía a unhas 500 persoas que deron boa conta do menú a base de empanada, langostinos, costela de tenreira con patacas, viño (Godello e Mencía), postre e chupitos. A música corría, xa de madrugada a cargo da discomóbil Opium co Dj Isra.




A festa continúa na xornada deste sábado 13 de xuño pola tarde con deporte. Ás 17 horas disputarase o sempre esperado partido de fútbol de Casados contra Solteiros. Despois, o grupo América S.L. ofrecerá un primeiro pase ás 21:30h.e a gran verbena a partir da 1 da madrugada.




Con todo, o día grande será mañá, domingo 14 de xuño, día de Corpus en Viloira que dará incio coa alborada que percorrerá as rúas do pobo a cargo do grupo de gaitas Raiola de Son seguida dos actos relixiosos coa misa e procesión ás 12 horas. Ás 14 horas será a sesión vermú, a cargo do ex-cantante da Orquestra Panorama, Jorge Ferre. O broche de ouro poráo a orquestra Solara, que actuará a partir das 20:30 horas en sesión de tarde longa.



Fotos: Carlos G. Hervella.
