A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A cea popular do CarnaVrao 2026 reúne a máis de 600 persoas na Rúa

 

Pendentes do partido que a selección española estaba disputando contra Bélxica e que vencía 2-1 pasando a semifinais do mundial de fútbol, pouco antes das 23 horas do venres 10 de xullo, festividade de San Cristóbal, comezaba a cea popular do CarnaVrao 2026 da Rúa.

 

 

Distribuídas en dez mesas ao longo de toda a rúa Doutor Vila, 620 persoas participaban nesta edición da cea, unha das máis concorridas, quendando asiduos fóra por diferentes compromisos ese mesmo día. No menú, servido un ano máis por Mantesil, non faltaba a empanada, os langostinos cocidos ou a costela asada, acompañado musicalmente pola charanga NBA que abría boca e volvía tocar ao final.

 

 

O broche á noite poñía de novo a música, nesta ocasión a cargo de Pepe Rivas e Los Robinson con versións de pop rock nacional e internacional e o sorteo de 500 euros.

 

 

Nesta xornada tamén se podí votar polo Rei e Raíña do CarnaVrao, unha das novidades desta edición da festa organizada pola Asociación San Cristóbal que comezaba con misa e bendición de coches en Fontei onte pola tarde; e rematará hoxe co desfile a partir das 20 horas.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button