ConcellosO BarcoÚltima hora

A cea popular que abre as festas de Vilanova (O Barco) xunta a 250 persoas arredor da mesa

 

A praza de Vilanova (O Barco) acollía a partir das 21h. desta noite de 14 de agosto a II Cea Popular que abre as Festas da Virxe da Asunción e de San Roque. Arredor das mesa xuntábanse unhas 250 persoas para desfrutar dun menú que inclúe churrasco e criollos, entre outros pratos, e xa na sobremesa, bica, café, bebida e licores. A celebración inclúe tamén a animación musical dun DJ, ademais dun bingo.

 

 

Xa mañá, 15 de agosto está prevista a misa e procesión, ás 12:00 horas. A celebración continuará pola tarde e coa verbena coa orquestra “Alma Latina”.

Novamente, o 16 de agosto haberá misa e procesión ás 11:00 horas. E, xa pola tarde, festa cun DJ e paella para todos os asistentes.

 

Dende a Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova animan a asistir a esta celebración “e desexamos que gocedes dunhas festas populares moi animadas”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button