Multitude de persoas dábanse cita esta tarde de 1 de novembro no cemiterio municipal do Barco para conmemorar o Día de Todos os Santos. Dende hai días os barquenses preparaban e engalaban con numerosas flores os sepulcros dos seus familiares para esta data tan sinalada.
O párroco do Barco, Jesús Álvarez, iniciaba a celebración relixiosa, ás 16:30h., lembrando o significativo desta celebración na que as familias homenaxean de xeito especial aos seus seres queridos. Nese senso, o sacerdote destacaba que esta celebración era unha homenaxe a todas as persoas que descansan neste cemiterio, facendo unha mención especial as persoas que falecían neste último ano (do 1 de novembro do 2024 ata o 1 de novembro de 2025) e que eran enterradas aquí, citando, un a un, os seus nomes e apelidos.
A misa finalizaba, con responsos do párroco que percorría cada unha das partes do cemiterio barquense. O primeiro deses reponsos, destacaba, estaba dedicado aos sacedortes que ao longo dos séculos estiveron á fronte desta comunidade parroquial.
Para regular o tráfico tanto na chegada ao cemiterio e na saída do mesmo, contábase coa Policía Local, con Protección Civil e co GES Valdeorras.
Fotos: O SIL.