SanidadeÚltima horaVídeos

A celebración do Día Mundial da Saúde Mental pon o foco na relevancia das contornas laborais saudables

 

Neste 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental. Con motivo desta data, a xefa do Servizo de Psiquiatría da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, María Tajes Alonso, salienta a relevancia de ter unha boa saude mental no traballo con contornas laborais saudables e asegura que “unha de cada cinco persoas vai estar afectada por un problema de saúde mental”. Tamén incide na importancia que está tendo a depresión e a ansiedade na sociedade actual.

No ano 2021 a área sanitaria ourensá poñía en marcha un programa pioneiro en Galicia de apoio aos profesionais sanitarios para garantirlles un axeitado apoio psicolóxico.

 

Artigos relacionados

Back to top button