En portadaÚltima hora

A CEO reclama “simplificar a burocracia e garantir a remuda xeracional para soster ao autónomo” en Ourense

O 4º Observatorio sobre o Capital Humano conclúe que o traballo autónomo é “a forza que impulsa o territorio” e alerta da súa vulnerabilidade pola carga administrativa, a perda de rendibilidade e o envellecemento do colectivo"

 

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) vén de presentar neste 20 de novembro as principais conclusións do IV Observatorio CEO sobre Capital Humano, celebrado o 9 de novembro baixo o título ‘Capital humano autónomo: a forza que impulsa o territorio’. David Martínez, presidente de la CEO estivo acompañado no acto por Marta Vázquez, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social #da Xunta.

As conclusións presentadas na xornada de hoxe son froito das achegas vertidas neste encontro no que participaron representantes deste colectivo, empezando polo presidente de ATA, Lorenzo Amor, a súa homóloga provincial, Ana Belén Fernández, presidenta de AEPA, e integrantes desta entidade que agrupa en Ourense unha ampla representación do traballo autónomo e que expuxeron as súas experiencias privados e as demandas deste sector na mesa final do encontro ‘Historias que impulsan o territorio’.

O autónomo, ‘columna vertebral’ de Ourense

En primeiro lugar, Martínez lembrou que a provincia conta con máis de 22.000 afiliados ao RETA, máis do 20% do total, e sinalou, como conclusión xeral, que “o traballo autónomo representa a columna vertebral e o verdadeiro pegamento social de Ourense”. Cando un negocio pecha en contornas rurais desaparece un servizo esencial, continuou argumentando David Martínez, e desaparece tamén unha razón para fixar poboación nese territorio. Segundo expuxo, o colectivo atravesa unha situación de extrema vulnerabilidade pola asfixia burocrática, a perda de rendibilidade e a brecha demográfica.

Burocracia, rendibilidade e remuda xeracional

O presidente de la CEO detallou que un autónomo dedica entre 208 e 226 horas ao ano a trámites administrativos, cun custo indirecto de 3.000 euros, e que o 63,2% dos autónomos galegos obtén rendementos inferiores ao SMI. Por iso, reclamou aplicar o IVE franquiado para facturacións inferiores a 85.000 euros, reducir as declaracións a unha ou dúas ao ano e reformar a prestación por cesamento de actividade, que, apuntou, denégase en 7 de cada 10 solicitudes. O Observatorio propón ademais estender ao RETA o subsidio para maiores de 52 anos, establecer a exención automática da cota desde o primeiro día de baixa médica, regular de forma efectiva o permiso de lactación e garantir la plena compatibilidade entre a pensión de xubilación e o traballo por conta propia.

No plano demográfico, puntualizou que a idade media do autónomo ourensán é de 51,38 anos, que o 65,86% supera os 45 e que só o 5,55% ten menos de 30. Ante este escenario, defendeu reforzar o Bono Remuda e crear unha pasarela para que autónomos senior exerzan como docentes en Formación Profesional, co fin de transferir o seu oficio a las novas xeracións.

Martínez engadiu que as xornadas de entre 48 e 72 horas semanais e a dificultade para conciliar, especialmente entre las 8.559 mulleres autónomas da provincia, derivan en problemas de saúde mental, polo que pediu campañas de concienciación e garantías de desconexión dixital. O presidente concluíu que o autónomo ‘non é parte do problema’ demográfico ou económico de Ourense, senón ‘a solución fundamental’ para a cohesión, o emprego e a supervivencia do territorio.

Pola súa banda, la directora xeral, Marta Vázquez, destacou nun primeiro momento o acerto de celebrar estes observatorios que, nas súas catro edicións, “abordaron cuestións fundamentais para o presente e o futuro das nosas empresas” e isto é porque, segundo engadiu, estes foros de debate “non se limitan a analizar a realidade empresarial, senón que contribúen a visibilizala, a escoitar aos protagonistas e a transformar as necesidades en propostas de futuro tan necesarias”.

Vázquez defendeu o compromiso da Xunta co traballo autónomo, ao que destina máis de 42 millóns de euros dentro dun orzamento de 507,5 millóns (un 2,6% máis que o ano anterior), e fixo alusión ao bono Remuda, dotado con 1,7 millóns, para facilitar a remuda xeracional e evitar que negocios viables desaparezan por falta de continuidade. Así mesmo, subliñou o labor dos 15 polos de emprendemento e apoio ao emprego repartidos por Galicia, entre eles os de Valdeorras, Verín, Baños de Molgas e O Carballiño, que asesoraron máis de 7.800 proxectos, e defendeu a colaboración público-privada coas asociacións de autónomos como condición necesaria para acertar coas políticas de apoio.

 

 

O 4º Observatorio CEO sobre o Capital Humano, dedicado ao traballo autónomo, pecha un ciclo de catro edicións que abordou o absentismo e a evolución do mercado laboral, a saúde mental e o benestar, e a intelixencia artificial na xestión de persoas.

A Confederación Empresarial de Ourense consolidou este ciclo de observatorios “como foro de referencia para anticipar os grandes desafíos laborais e achegar solucións prácticas ás empresas”. Na súa intervención, David Martínez asegurou que terá continuidade en 2027 coa celebración de la quinta edición que estará dedicada de forma monográfica ao ‘Capital Humano Muller’ para analizar o liderado, a brecha de emprendemento e o papel das mulleres empresarias e autónomas no desenvolvemento da provincia.

Back to top button