En plenas Festas de Santa Rita 2024, a música enchía as rúas do Barco de Valdeorras na mañá deste sábado 18 de maio. Dende as 11 da mañá o son da charanga Los Bercianos envolvía cada recuncho da vila convidando aos viandantes a botar un baile.
O programa festivo continuará pola tarde co 16º Gran Premio Vila do Barco de tiro ao prato, no polígono da Raña. O baile, cun pase a partir das 20:30 horas e outro xa na verbena (1:30 horas) correrá hoxe a cargo do grupo Claxxon.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver/ A.R.