OurenseÚltima hora

A CHMS amplía a rede SAIH cunha nova estación no río Barbaña, en Ourense

As estacións SAIH proporcionan datos cada 5 minutos ao Centro de Control de conca (CECU), para facilitar a toma de decisións ante posibles situacións de risco

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), vén de concluír os traballos de instalación dunha nova estación de medición de nivel no río Barbaña, na cidade de Ourense, coa que se amplía a rede do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH).

Cun investimento de 48.381 euros, a nova estación permite rexistrar e transmitir en tempo real datos hidrometeorolóxicos esenciais para a súa explotación e análise no Centro de Control de conca (CECU).
“Estas accións non só buscan mellorar a capacidade de resposta fronte a emerxencias, senón tamén optimizar o uso sostible da auga para minimizar o impacto no cambio climático ou previr fenómenos meteorolóxicos extremos”, indican dende a confederación.

 

 

POCTEP RISC_PLUS, un proxecto cofinanciado por FEDER

As accións realizadas baixo o proxecto POCTEP RISC_PLUS están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VIN A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea. O investimento na estación do río Barbaña ascende a 48.381 euros, sufragándose 36.285,75 euros a través do proxecto europeo POCTEP RISC_PLUS.

Back to top button