OurenseÚltima hora

A CHMS comeza novas actuacións de conservación e mellora dos leitos para completar o programa de traballo semanal

Na provincia de Ourense, no arroio Innominado ao seu paso por Maceda; río Miño en Ourense; e río Troncoso en Padrenda; así mesmo continúan nos ríos Eirós e Barbadás ao seu paso por Rubiá e San Cibrao das Viñas, respectivamente

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) continúa os traballos de conservación e mellora dos leitos da demarcación co obxectivo de favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de inundacións.

Actuacións en execución que supoñen 308.500€, cofinanciadas polo Fondo Europeo de  Desenvolvemento Rexional (FEDER), cunha achega do do 60% do orzado; no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2021-2027.

Na provincia de Lugo, municipios de Castro de Rei, Begonte, Monforte de Lemos e O Corgo; nos ríos Miño, Parga, Cinsa e Chamoso, respectivamente; e continúan os traballos no río Vilaflores en Begonte

Na provincia de Ourense, no arroio Innominado ao seu paso por Maceda; río Miño en Ourense; e río Troncoso en Padrenda; así mesmo continúan nos ríos Eirós e Barbadás ao seu paso por Rubiá e San Cibrao das Viñas, respectivamente.

En Pontevedra no municipio de Mos, nos ríos Agueiro, Torroeira e Porteliña; continuando os xa iniciados no río Xinzo ao seu paso polo concello de Ponteareas. O conxunto de actuacións en execución supoñen un investimento de 308.500€, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

“Traballos programados co obxectivo de conservar e restaurar a hidromorfología natural dos leitos para mellorar a súa resiliencia e adaptación ao cambio climático”, explicaba Quiroga.

“Preténdese minimizar o risco de inundacións en núcleos urbanos, infraestruturas ou parcelas próximas aos leitos fluviais; mediante traballos selvícolas cos que se conseguirá mellorar ou restaurar o bosque autóctono de ribeira, recuperando a morfoloxía fluvial natural a través da retirada de barreiras artificiais que modifiquen o comportamento do río” lembrou o presidente.

“Realizaranse, ademais, actuacións de restauración hidrolóxico-forestal para o control da erosión e a protección de marxes en zonas concretas, a través de solucións baseadas en técnicas non invasivas e ambientalmente sostibles”, concluíu o presidente.

Estas actuacións enmárcanse dentro do Obxectivo Específico 2.4, que pretende “Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas”, que están suxeitas ao cumprimento da Condición Favorecedora 2.4 “Marco eficaz de xestión do risco de catástrofes” de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.

Back to top button