Chegou o día e pasado por auga. Como cada 15 de xaneiro dende hai xa moitos anos, na mañá deste xoves 15 de xaneiro os membros da Policía Local do Barco de Valdeorras vestíanse de gala para honrar ao seu patrón, San Mauro.

A chuviosa xornada comezaba coa música da charanga Brisas do Sil polo centro da vila e xa ás 12:30 horas, debido á fina e persistente chuvia, sacaban o santo ata a porta dando unha volta a ombros dos municipais. De novo na igrexa de San Mauro, tiña lugar a eucaristía presidida polo párroco, Jesús Álvarez que daba as grazas a todos os asistentes e cantada polo Coro de San Mauro.
Trala celebración relixiosa, á que tamén asistían membros da corporación municipal barquense, de diferentes xefaturas municipais de Galicia, da Garda Civil e da Policía Nacional, a charanga animaba o ambiente antes da inauguración da nova sede da Policía Local do Barco, situada nos antigos Xulgados, na rúa Pérez Lista).




Despois compartirán con amigos e familiares un aperitivo no pavillón vello do Barco, brindando polo patrón.



Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.