ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A chuvia obriga a celebrar a Procesión da Soidade na igrexa de San Mauro, no Barco

 

A persistente e forte chuvia impedía na noite do 19 de abril a saída da Procesión da Soidade no Barco, coa imaxe da Dolorosa. O seu percorrido realizábase, de forma simbólica no interior da igrexa de San Mauro.

 

 

Despois o seu párroco, Jesús Álvarez, oficiaba a Vixilia Pascual, que se iniciaba coas luces da igrexa apagadas para a bendición do lume e o acendido do cirio pascual, co que logo se ían prendendo as candeas dos asistentes para comezar a liturxia da palabra.

 

 

Ao remate da Vixilia Pascual, os asistentes eran despedidos cunha ración de rosca pascual, agasallo dunha das catequistas.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

 

Back to top button