Nada se pode facer ante as inclemencias meteorolóxicas e aínda que neste caso era ben recibida xa que refrescaba o ambiente tras outra calurosa xornada en Valdeorras, a chuvia obrigaba a acurtar o segundo concerto do SilFest na praza Maior do Barco.
Para as once da noite do xoves 3 de xullo estaba prevista a actuación de Mrs. Fine, un dos concertos gratuítos e aberto á poboación desta edición do SilFest Valdeorras, pero en plena actuación nunha animada praza, descarga a treboada obrigando aos músicos a recoller antes de tempo.
Formado hai apenas un ano por catro músicos valdeorreses, Mrs. Fine é outro dos grupos de rock nacidos ao abeiro da Asociación de Música Alternativa de Valdeorras, AMAVA.
Fotos: Carlos G. Hervella.