A partir das 16:30h. as rúas da cidade de Ourense déixanse envolver polas cores, a creatividade, ritmos e a troula propia do Carnaval. Cobraba vida un intenso desfile de carrozas e comparsas que abrían, un ano máis, as Pitas das Eiroás, que lle plantaba cara a unha tarde escura e que ameaxaba chuvia. Multitude de persoas de todas as idades seguían o desfile ao longo do seu percorrido.




A partir das seis, remata esta comitiva carnavalesca e dábase paso á música da man da Orquestra Kubo e tamén á entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas, xa na rúa Progreso.
O xurado do concurso organizado polo Concello para premiar as mellores comparsas e carrozas que participaron, esta tarde, no desfile do Entroido de Ourense 2026, acordou outorgar os seguintes premios:
Comparsas con máis de 10 compoñentes.
1º premio (1.500 €) Os parrandas do Irixo, Tania Gallego
2º premio (1.000 €) Enxame da Auria, Asociación Cultural Os Lolailos
3º premio (800 €) Guardianes del fuego, Asociación Cultural Os Arrieiros de Dacón
4º premio (500 €): 4 cuartos premios:
-
Poker premium, Diego Vázquez
-
Azucarados de Maside, Asociación cultural Os Azucarados de Maside
-
Rollinds, Club Roller Ourense
-
De safari, Asociación Amigos de Partovia
Comparsas con menos de 10 compoñentes.
1º premio (500 €) Chapa-Chips Os dragóns da Ribeira Sacra, Nogueira de Ramuín
Premios especiais comparsas.
A máis numerosa (500 €) Estilo Libre Bollywood, Escuela de danza Estilo Libre
A máis enxeñosa (500 €) Hagan juego, José Manuel Sousa
Carrozas.
Mellor deseño, execución e posta en escena (1.000 €) Rexoubeiros Aladin, Asociación Os Rebouxeiros
Fotos: Carlos G. Hervella.

