OurenseÚltima horaVídeos

A cidade tínguese de vermello para celebrar o ascenso da UD Ourense á Primeira Federación

 

O domingo 31 de maio a UD Ourense volvía facer historia ao gañar o partido no campo soriano do Numancia que lle daba o ascenso á Primeira Federación. E como vén facendo dende o principio, a afección respondía en cada partido, en cada saída.

 

 

E para agradecerlle ese apoio incondicional, na tarde deste martes 2 de xuño ten lugar a “celebración de primeira” na cidade ourensá, cunha festa que se estenderá ata a madrugada.

 

 

Ás 19 horas saía o autobús descapotable cos xogadores cara a rúa Progreso onde esperaba a afección, con parada na Deputación para a recepción por parte do goberno provincial. O equipo avanzaba despois cara a praza Maior onde terá lugar a recepción por parte do goberno local e a homenaxe ao equipo; e ao rematar, todos para Concepción Arenal.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

 

Back to top button