
O 1 de setembro abríase o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais do Barco de Valdeorras que comezarán o 1 de outubro e nesta ocasión facíano cun novo sistema, collendo cita previa que asigna a cada usuario un día e una hora determinada para ser atendido.
A cita cóllese na entrada do Edificio Multiusos, xunto aos ascensores, onde hai unha mesa atendida por un traballador; e a inscrición, xa se fai cando toque no primeiro andar do mesmo edificio.
