
A Comparsa tradicional propia das aldeas do leste e surleste de Viana do Bolo, coa súa singular galería de de personaxes, cobrará vida novamente neste Entroido. O Director, os Músicos, os de esquilas, a Señorita e o Paiaso visitarán catro aldeas do municipio, dando visita a esta singular tradición.
Así o sábado 22 de febreiro ás 11h. visitará Seoane de Arriba e pola tarde, ás 17h. estará en Mourisca. Na seguinte fin de semana, o 1 de marzo, ás 11h. esta comitiva entroideira recalará nas aldeas da parroquia do Padre Eterno e ás 17h. chegará a Pradocabalos.

Esta manifestación de teatro itinerante, que ademais da ronda inclúe brindes e dispustas, desenvolvese normalmente nunha aira e cun escenario en círculo e rodeado polo público. A tradición da Comparsa en Viana recuperábase, tras unha paréntese de décadas no esquecemento, alá polo ano 2019 da man dun grupo de mozos que hoxe, con moito esforzo e ilusión, continúan a mantela viva.
Fotos: Carlos G. Hervella.
