En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A comunidade educativa do CEIP Otero Pedrayo de Viloira corre a favor de Save the Children

Alumnado, profesorado, pais e nais sumábanse a esta iniciativa solidaria na mañá do 26 de setembro

 

Arredor das 12h. deste 26 de setembro os escolares e o profesorado do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) comezaban a chegar por grupos ao campiño dende o centro escolar. Alí agardaban tamén algúns pais e nais que se sumaban a unha iniciativa solidaria que implicaba a toda a comunidade educativa deste colexio: a carreira de Save the Children. Esta actividade, na que xa vén participando este centro dende hai varios cursos, enmárcase nos actos da Semana Europea do Deporte.

 

 

Dende a liña azul, situada nun dos extremos do campo de fútbol, partían as carreiras, que se realizaban por cursos e concluían no medio dest campo de herba artificial. A directora do colexio, Remedio Arias, daba a benvida a alumnos e pais e, de seguido, pasáballe o micrófono á profesora Gemma Delgado, que procedía a dar cada unha das saídas.

 

 

Os primeiros nenos en correr eran os maiores, os de sexto, e a partir de aí ían participando cada un dos cursos ata chegar ao grupo dos escolares máis pequenos, os de 3 anos. En total 120 nenos e nenas.

 

As nais e pais tras recoller o seu diploma.

 

Tamén corrían as profesoras e os pais e nais. Tras as carreiras normais, viñan outro tipo de modalidades como as carreiras saltando a comba ou con pelota. Ao final, todos os corredores recibían o seu diploma.

Fotos da galería: A.R.

Resto de fotografías: cedidas polo CEIP Otero Pedrayo de Viloira.

 

Artigos relacionados

Back to top button