CulturaCulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A comunidade educativa do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) vive unha nova bicicletada

 

A xornada lectiva deste venres 30 de maio comezaba dun xeito diferente no CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). Tanto o alumnado como o profesorado e os pais e mais dos nenos acudían ao centro en bicicleta, con casco e equipados para vivir unha xornada deportiva e en convivencia. Así pasados uns minutos das nove e media da mañá a comunidade educativa deste centro educativo subíase a ruta para celebrar unha nova marcha cicloturista. Esta actividade está incluída dentro do Plan Proxecta Mobilidade Sostible e Segura.

 

 

Precedidos por un vehículo da Policía Local, iniciaban esta xa clásica bicicletada que marca o final de curso, rumbo ao polígono da Raña. Estaban estaban acompañados tamén por Protección Civil, pola Cruz Vermella Valdeorras e por varios axentes da Policía Local. Unhas 90 persoas participaban nesta orixinal iniciativa que mestura educación, con xogo, deporte e convivencia. Eran despedidos polo resto do alumnado do colexio e tamén polos docentes.

 

 

Tras saír do colexio, cruzaban o río Sil pasando pola ponte de San Fernando e dirixíanse, polo casco antigo do Barco, ata o Malecón. Dende alí xa enfiaban ata o polígono, onde tiñan previsto dar a volta para regrasar, pola outra beira do río, pola estrada ata o colexio.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

 

Back to top button