Esta tarde a veciñanza de Celavente (O Bolo) recibía a visita da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Acompañada pola directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández; así como alcalde do Miguel Ángel García e do tenente de alcalde, Alberto Vázquez, reuníase cos veciños afectados polos lumes para coñecer a súa situación e demandas, entre elas as de máis axilidade na tramitación e evitar a burocratización.
Allegue informoulleos das liñas das axudas activadas pola Xunta, en materia de vivenda, e trasladou o compromiso de axilizar a tramitación para que as familias poidan comenzar canto antes a recuperación dos fogares. “Xa temos agora solicitudes e tamén estamos recibindo bastantes solicitudes de información”, comentaba a conselleira.
Unha das veciñas líalle unha carta para expresar a súa opinión sobre a situación e as súas demandas, que logo lle entregaba á directora territorial da Consellería en Ourense.

Cómpre lembrar que as achegas da Xunta poden acadar case 150.000€ no caso de vivendas habituais, pois aos 132.000€ para rehabilitación do inmoble poden engadirse 16.200€ polo enxoval doméstico. En caso de segunda residencia, as axudas son de ata 66.000€ e 5.400€ para o enxoval. “Por suposto, pola nosa parte garantir a axilidade máxima nestas axudas”.
Ademais, o Goberno galego tamén asumirá o 100% do alugueiro temporal, se é preciso e achegará ata 600€ máis para sufragar gastos de aloxamento provisional, transporte ou mudanza. Os afectados poderán percibir a contía total da axuda de xeito anticipado, o que lles permitirá axilizar obras de rehabilitación das vivendas.
Fotos: Carlos G. Hervella.
