EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

A conselleira do Medio Rural visita a empresa de aceite Aceiroga, situada en Bendollo (Quiroga)

María José Gómez destacaba salientou a aposta deste proxecto polas novas tecnoloxías e pola mellora da súa capacidade produtiva, o que redunda nun incremento da calidade do seu produto

 

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, visitaba este mediodía as instalacións de Aceiroga, na localidade de Bendollo (Quiroga), onde salientou a aposta desta empresa polas novas tecnoloxías e pola mellora da súa capacidade produtiva, o que redunda nun incremento da calidade do seu produto.

Na súa visita, a conselleira estaba acompañada polo alcalde quirogués, José Luis Rivera, e por representantes de Aceiroga, e puido desfrutar dunha cata de aceites. A conselleira explicou que esta empresa foi beneficiaria no 2025 dunha achega específica da Consellería para fortalecer o emprego nas contornas rurais e diversificar a actividade agraria. En concreto, recibiu unha achega de 26.000 euros para adquisición dun novo equipamento para limpar olivas e para extraer e recoller aceite, así como para contar cunha cinta transportadora e unha aspiradora de follas.

A maiores, tamén lembrou que esta empresa se beneficiou dunha achega ao abeiro da intervención Leader, a través da cal puido adquirir unha nova almazara para a elaboración de aceite, o que permitiu ampliar a súa capacidade de produción.

 

 

Máis de 23 millóns de euros na última década

A conselleira puxo en valor a aposta do seu departamento por este tipo de achegas, que favorecen o desenvolvemento rural e diversifican o seu tecido socioeconómico. Deste xeito, salientou que a convocatoria 2026 das axudas para proxectos en actividades non agrícolas se resolveu cun orzamento de 2,1 millóns de euros, a través dos que se apoiarán a 41 proxectos. Isto permitirá consolidar 474 postos de traballos e crear 39 novos empregos.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button