A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A contorna do rego de Fontei, na Rúa, un dos espazos arrasados polo lume nos que traballan os voluntarios

 

A primeira hora da mañá deste sábado 18 de outubro comezaban os traballos para a restauración de zonas queimadas en Valdeorras. Unha acción simultánea organizado por ADEGA na que participan uns 70 voluntarios de diferentes partes de Galicia, así como unha decena de técnicos que se atopan repartidos por cinco puntos da comarca (nos concellos do Bolo, Petín, A Rúa, Vilamartín e O Barco).

 

 

No caso da Rúa, un dos concellos no que máis masa forestal ardeu, un grupo traballa na contorna completamente arrasada polo lume do rego de Fontei, aproveitando pedras, troncos e ramas para construír faxinas e albarradas (pequenos diques) que conteñan a auga e sobre todo a terra cando veñan as chuvias e con elas as escorrentías.

 

 

Os traballos continuarán pola tarde neste e nos outros concellos.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button