A instalacións da Cooperativa Xesús Nazareno-Vinos Barco, a adega de maior produción da Denominación de Orixe Valdeorras, rexistraban unha intensa actividade dende a mañá deste 5 de setembro. Nesta xornada comezaban a recibirse as primeiras uvas godello deste 2024, levadas en tractores, abríndose deste xeito a campaña, con moi boas expectativas.
Deste xeito, os viticultores socios desta cooperativa recollen un produto que supón o resultado dun traballo que se desenvolve ao longo de todo o ano coidando con mimo as uvas que logo darán lugar a excelentes viños.
Fotos e vídeos: O SIL.