CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Coral Polifónica Candea de Viana do Bolo participa no Encontro Ibérico de Coros, en Chaves (Portugal)

 

Nova actuación da Coral Polifónica Candea, desta volta no país veciño. Dúas semanas despois de celebrar o seu tradicional Festival das Letras Galegas que servía para despedir ao anterior director e dar a benvida á nova, a coral de Viana do Bolo viaxaba ata a localidade portuguesa de Chaves para participar no Encontro Ibérico de Coros.

Trátase cun evento que se celebraba os días 29 e 30 de xuño contando coa participación de sete corais, tres delas galegas. A actuación de Candea, actualmente dirixida por Sandra González, tiña lugar o venres xunto aos anfitrións, a Coral de Chaves; a Coral Brigantino; e o Orfeão de Guimarães. Ao día seguinte volvía actuar a Coral de Chaves e tamén o Orfeón do Casino do Carballiño; Vidi Aquam-Coral de Senhora da Hora; e a Coral Polifónica de Arbo.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button