CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Coral Polifónica Candea de Viana do Bolo, presente un ano máis na Romaría da Tuíza, en Lubián

 

Un ano máis, entre os asistentes á tradicional Romaría da Tuíza, que na xornada do domingo 27 de setembro se celebraba no santuario do mesmo nome no municipio zamorano de Lubián, estaban os membros da Coral Polifónica Candea de Viana do Bolo.

 

 

O coro harmonizaba musicalmente a misa solemne que se celebraba tras a procesión coa imaxe da Virxe das Neves acompañada pola Banda de Gaitas As Portelas, e despois xantar, que compartían no Restaurante Padornelo, desfrutaban da festa en Lubián a cargo da orquestra La Ocaband.

 

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button