Uns van e outros veñen. Despois duns anos con Víctor Nogueira na dirección, hai un par de meses que Sandra González collía a batuta da Coral Polifónica Candea sendo presentada oficialmente na tarde do venres 15 de maio, no marco do Festival das Letras Galegas que celebraban na Casa da Cultura de Viana do Bolo, que servía tamén de despedida a Víctor. A el entregábanlle unha placa “en recoñecemento polo seu labor nestes anos” e a ela un ramo de flores como benvida.

Con respecto ao festival en si, comezaba cunha semblanza da homenaxeada das Letras deste ano, Begoña Caamaño Rascado, cuxa biografía era lida polos nenos para continuar coas Cantareiras de Trives que interpretaban varias coplas como Esta noite hai unha fia, Castañas rapadas ou A berciña. Os Trouleiros de Verín tocaron e cantaron Xota de Folgoso, O Merlo, Muiñeira de Sabaxans e Pasodobre do Caiño.


No turno de Candea, interpretaron un completo repertorio con temas como Compañeira de Fuxan os Ventos, ou O rama que linda rama, cancion portuguesa, canción de Viana e o Himno galego cantado de forma conxunta por todos os grupos e o público.

O broche ao acto poñíano cunha cea de confraternidade.
Fotos cedidas.