CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

A curta do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín, premiada no concurso ‘Nós tamén creamos!’

 

O vídeo ‘O avó de Zulaimar’, do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras, que conta a historia dunha raposiña de Valdeorras que desexaba un avó, foi premiado cun accésit na Categoría 1 (2º ciclo de Educación Infantil) na XIII edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!

 

 

O alumnado asistía, na mañá deste mércores 18 de xuño, a un acto en Santiago onde recollía o seu premio da iniciativa promovida pola Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO Editora.

Fotos e vídeo: cedidos.

Back to top button