EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei celebra o Día Mundial do Enoturismo cunha cata

 

Con motivo da celebración do Día Mundial do Enoturismo, a Denominación de Orixe Monterrei, en colaboración coa Ruta do Viño Monterrei, vén de celebrar unha cata con Mercedes González.

Esta iniciativa, que se desenvolvía na mañá deste domingo 9 de novembro na sede do Consello Regulador permitía coñecer diferentes viños da denominación, as súas singularidades e que os fai diferentes aos doutras rexións vitivinícolas.

O Día Mundial do Enoturismo é unha celebración promovida pola Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN), que ten lugar todos os anos o segundo domingo do mes novembro, e que se realiza para potenciar o turismo do viño, así como promocionar e destacar a importancia das rexións vitivinícolas desde o punto de vista económico e cultural.

Back to top button