
A Denominación de Orixe Monterrei volverá participar na Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós, que terá lugar o 2 de novembro na localidade de Riós. Ademais de ofrecer unha degustación de brancos e tintos na caseta institucional, os viños de Monterrei estarán presentes na comida popular que se organiza con motivo desta celebración, que chega á súa trixésima edición.
As adegas participantes nesta iniciativa son: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Minius, Terras do Cigarrón, Triay, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Vía Arxéntea, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada, Manuel Regueiro García (Serra de Alén) e Terra de Godello.